Tradución de Mozilla
De JacoboTarrioOrg
A pesares do que expliquei na páxina “Traducir software”, volvín traducir software de Mozilla. Nembargantes, agora fágoo de xeito non oficial, para non ter que interactuar cos desenvolvedores de Mozilla.
Ademáis, xa non me comprometo a seguir facéndoo nin a sacar novas traducións con rapidez. Tamén solicito que se me avise dos fallos que haxa e que, se se usan as traducións nalgún sitio ou de algún xeito interesante, se me mande unha mensaxe para me animar, que un tamén é humano.
(Como mancomún (http://mancomun.org/) importou a miña tradución de Firefox 1.5 para faceren a de 2.0, xa non vou traballar eu nela, que había ser unha parvada duplicar o traballo porque si).
| Índice |
English summary
I made a tool for converting XPI langpacks to PO files and vice versa. Download it via darcs (http://abridgegame.org/darcs/) from http://darcs.tarrio.org/po4moz or with your favourite bulk downloader from the darcs repository's current-tree directory (http://darcs.tarrio.org/po4moz/_darcs/current).
Current translations: Firefox 1.5.x (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi) Firefox 1.0.x (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0_gl-ES.xpi)
(Mancomún (http://mancomun.org/) imported my Firefox 1.5 translation to make a translation for 2.0 themselves, so I'll not be working on it).
Por que
Tiña ganas de programar, así que fixen un conxunto de ferramentas para convertir os paquetes de idioma XPI de Mozilla a ficheiros .PO e viceversa, así que aproveitei para volver actualizar as traducións de Firefox, e, posiblemente, Thunderbird.
A ferramenta chámase PO4Moz e pódese descargar empregando o sistema de control de versións darcs (http://abridgegame.org/darcs/), coa seguinte orde:
$ darcs get http://darcs.tarrio.org/po4moz
Despois, para actualizala cada vez que eu a modifique, abonda con empregar a orde:
$ darcs pull --all
Se non ten darcs, pódese descargar con wget no enderezo http://darcs.tarrio.org/po4moz/_darcs/current
Como instalalas
- Descarga a tradución axeitada ao producto e versión que esteas a empregar.
- Abre o ficheiro recén descargado mediante Ficheiro > Abrir ficheiro... (File > Open File... en inglés).
- Autoriza a instalación da extensión.
- Pecha o programa.
- Volve iniciar o programa pasándolle o argumento "-uilocale gl-ES" (sen as comiñas) cada vez que queiras que apareza en galego.
Para que apareza sempre en galego pode modificarse o acceso directo, icona ou opción do menú que se emprega para iniciar o producto.
Por exemplo, en Windows, pulsa co botón dereito do rato na icona ou menú e escolle Propiedades. Alí modifica o texto que aparece na caixa "Destino" para lle engadir o argumento "-uilocale gl-ES" (sen as comiñas) no final. Se hai texto entre comiñas no texto, asegúrate de pór o argumento fóra das comiñas.
Pantalladas
Preme para ampliar:
Traducións
Últimas versións das traducións
Firefox 1.5.x (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi)
Firefox 1.0.x (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0_gl-ES.xpi)
Arquivo
| Firefox |
|---|
| 1.5 (tradución 1.0) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES-1.0.xpi) |
| 1.5 (tradución 0.95, RC 1) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES-0.95.xpi) |
| 1.5 (tradución 0.93, beta 3) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES-0.93.xpi) |
| 1.5 (tradución 0.92, beta 2) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES-0.92.xpi) |
| 1.5 (tradución 0.9, beta 1) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES-0.9.xpi) |
| 1.0.7 (tradución 0.94) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0.7_gl-ES-0.94.xpi) |
| 1.0.7 (tradución 0.91) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0.7_gl-ES-0.91.xpi) |
| 1.0.7 (tradución 0.9) (http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.0.7_gl-ES-0.90.xpi) |
