Decembro 2008
Devolto
¡Aqui estou outra vez!
(Si, xa sei que os signos de interrogación ao principio de frase non son obrigatorios. Porén, tampouco están prohibidos, así que ides ter que aturalos).
Cambiei o software da miña páxina web unha vez máis, e agora esta web é multilingüe. Non só iso, senón que tamén está en galego. Parte do traballo que hai que facer para iso do “multilingüismo” consiste en traducir a interface de usuario; é dicir, os textos que non escribín eu, senón os que veñen co programa. Como emprego Drupal, o traballo consiste, principalmente, en exportar un ficheiro .PO, editalo co kbabe e despois importalo de novo.
Dato curioso: ¿a que non sabiades que a función de importación/exportación de traducións de Drupal foi iniciada por min?
Era o ano 2003 (creo), e no traballo iamos facer unha web para un cliente empregando Drupal. Unha das condicións do traballo era que a web estivese en castelán. Drupal xa tiña soporte para traducir a interface, pero había que facer as traducións a través da web, o que era lento e incómodo. Ademáis, non era posible compartir as traducións de ningunha outra maneira máis que envorcando a base de datos nun ficheiro e restaurándoa noutra máquina.
Como xa levaba bastante tempo a traducir software libre ao galego, xa estaba afeito ao formato e as ferramentas de Gettext, así que fixen un módulo para exportar e importar traducións en formato Gettext, envieino a Drupal, eles publicárono, outra xente comezou a lle facer melloras, e finalmente integraron esa funcionalidade no Core de Drupal.
Así que, agora, cada vez que descarguedes unha tradución de Drupal e a importedes, lembrade que esa funcionalidade a introducín eu :)
Breve Currículum Vitae
O meu nome completo é Jacobo Tarrío Barreiro.
Estudiei Enxeñeiría Informática de 1997 a 2003 na Universidade da Coruña. O meu proxecto fin de carreira foi un portal web para o acceso a recursos de supercomputación empregando tecnoloxías Grid.
Despois diso, traballei nestas empresas:
- En Alfa21 Outsourcing (A Coruña, España) de xaneiro de 2003 a marzo de 2003 coma programador a media xornada, e despois de xullo de 2003 a febreiro de 2005 coma enxeñeiro a tempo completo.
- En Allenta Consulting (A Coruña, España) de marzo de 2005 a xuño de 2007 coma enxeñeiro de software.
- En Google de xullo de 2007 a xaneiro de 2010 en Dublín, Irlanda, e despois de xaneiro de 2010 ao presente en Mountain View, California; nas dúas ubicacións coma enxeñeiro de software.
Tamén participei coma voluntario nos seguintes proxectos de software libre:
- Fun un dos fundadores do GPUL (o grupo de usuarios de Linux da Universidade da Coruña) en 1998, e fun membro da súa directiva ata 2004.
- Fun un dos creadores do Proxecto Trasno, un proxecto de tradución de software libre ao galego, e fun o seu coordinador ata 2004. Traducín varias utilidades GNU, varias aplicacións de Mozilla (SeaMonkey, Firefox, Thunderbird) e o instalador de Debian. Retireime do proxecto en 2008.
- Fun desenvolvedor de Debian de 2001 a 2008.
Outra información relevante: son cidadán da UE. Falo galego, español e inglés. Tamén teño coñecementos básicos de portugués e francés.
Acerca de min
Nacín o 24 de marzo de 1979 en Santiago de Compostela.
Vivo en Mountain View (California), onde traballo de enxeñeiro de software para Google (pero as opinións expresadas nesta páxina web son só miñas, non da empresa para a que traballo). Se tés ganas de saber que fixen antes, teño unha versión condensada do meu currículum.
Se me queres enviar un email, o meu enderezo é o meu nome arroba o meu primeiro apelido punto org. Tamén podes empregar o formulario de contacto.
Legal stuff
Credits
Unless otherwise specified, all contents of this website were created by Jacobo Tarrío.
The page layout is based on the “Holy Grail” layout described by Matthew Levine at http://www.alistapart.com/articles/holygrail. Most of the mark-up is stock Drupal mark-up.
The header background image is based on “Leaf 2”, a photo published by ”A writer afoot” under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license at http://flickr.com/photos/60255232@N00/2865561061/.
The software used for this website is Drupal, running on top of the Apache web server and the Debian distribution of the GNU/Linux operating system.
Privacy statement
I won't sell or give away any of your data.
Terms of use
Don't be an asshole. If you are an asshole, I will take measures to force you off the site.
Comentarios recentes
13 semanas 2 días ago
14 semanas 3 días ago
14 semanas 3 días ago
14 semanas 6 días ago
14 semanas 6 días ago
15 semanas 8 horas ago
15 semanas 17 horas ago
15 semanas 21 horas ago
21 semanas 1 día ago
21 semanas 1 día ago