Stack overflow

Son un lector voraz, pero a verdade é que o tamaño da pía de libros pendentes de ler (que podedes ver á dereita, baixo o título “the pila de books”) está comezando a me espantar. E, se lle sumo a pía de DVDs, espántome aínda máis.

Supoño que hei ter que deixar de mercar libros durante unhas semanas. (O que merquei onte en Amazon non conta, que é técnico). A industria editorial ha ter que buscar outro que a salve durante os próximos días.