Breve Currículum Vitae

Jacobo Tarrío Barreiro
Un xeneralista por educacion e convicción, son un enxeñeiro de software con experiencia en administración de sistemas. Traballei principalmente en aplicacións web e de servidor de grande escala. A miña fortaleza reside en averiguar como funcionan as cousas: enxeñeiría inversa, busca de erros e documentación.
Experiencia laboral
Google Inc. (Mountain View, California), Enxeñeiro de software – Xaneiro 2010 ata o presente.
- Infraestrutura para servir bibliotecas en JavaScript para toda a compañía, incluíndo un sistema de compilación, servidor, cargadores do lado do cliente, implementacións de bibliotecas, e guías do usuario.
- Google Gadget Server e esforzo OpenSocial.
Google Ireland (Dublín, Irlanda), Enxeñeiro de software – Xullo 2007 a xaneiro 2010
- Administración do Google File System, incluíndo gardas, e escritura de software para automatizar operacións.
- Sistema de recomendacións intelixentes para axuda en liña.
- Aplicación de apoio aos vendedores.
Allenta Consulting (A Coruña, España), Enxeñeiro – Marzo 2005 a xullo 2007
- Portais web, integrándoos con aplicacións "legacy".
- Clusters de alta dispoñibilidade, incluíndo integración de aplicacións e treinamento.
- Desenvolvemento de ferramentas de administración e redes para Linux.
Alfa21 Outsourcing (A Coruña, España), Enxeñeiro de software libre e integración – Xullo 2003 a febreiro 2005
- Portais web, integrándoos con aplicacións "legacy".
- Clusters de alta dispoñibilidade, incluíndo integración de aplicacións e treinamento.
- Desenvolvemento de ferramentas de administración e redes para Linux.
Alfa21 Outsourcing (A Coruña, España), Programador (media xornada) – Xaneiro 2003 a marzo 2003
- Pequenas aplicacións e módulos de extensión.
Estudos

Enxeñeiro en informática, Universidade da Coruña (A Coruña, España), Outubro 1997 a xuño 2003.
Proxecto fin de carreira: “Diseño e implementación de un portal basado en tecnologías grid para el acceso a recursos de supercomputación.”

Algúns proxectos de software visibles publicamente
Radio Receiver (desde outubro de 2013, publicado en xaneiro de 2014)
Unha aplicación para escoitar radio FM estéreo desde un navegador Chrome ou un ordenador ChromeBook empregando un sintonizador de TDT USB de 15 dólares.
É unha aplicación de Chrome completamente escrita en JavaScript e que pode demodular sinais de radio e reproducir o son en tempo real incluso nun Samsung Chromebook de 2012. Agora estou a lle engadir algo de código en C++ para experimentar con NaCl.
CheepCheep (desenvolvemento activo 2009-2010, agora en mantemento)
Un cliente de Twitter moi lixeiro para Android, escrito nos días de Android 2.0 cando o cliente oficial aínda non existía e os teléfonos Android eran máis lentos que hoxe en día. Xa non está en desenvolvemento activo, pero de cando en vez arranxo os problemas que van aparecendo.