Información sobre tratamento de datos e condicións de uso

Este é o sitio web persoal de Jacobo Tarrío.

Agás que se indique o contrario, calquera opinión expresada neste sitio web pertence só ao seu autor a título persoal, e non á empresa que o emprega ou calquera outra organización coa que o autor poida estar asociado.

Condicións de uso

Agás que se indique o contrario, o contido deste sitio web é Copyright © Jacobo Tarrío Barreiro. Todos os Dereitos Reservados.

Podes acceder e consultar o contido do sitio; porén, non podes redistribuílo, modificalo, relicencialo ou sublicencialo a menos que estea coberto por unha licencia que outorgue permiso. Esta páxina web é miña. Pide permiso.

Non tés permiso para facer que o sitio web funcione incorrectamente para outros usuarios ou para atacar o servidor no que se aloxa.

Non podes utilizar este sitio web para fins ilegais. Podo cooperar coas autoridades para combatir o uso deste sitio web para fins ilegais.

Tratamento de datos

Non teño interese en acumular os datos persoais de ninguén, polo que evito facelo. En xeral, este sitio non garda cookies e non emprega paquetes de analíticas web.

Algunhas seccións deste sitio web teñen formularios de introdución de datos. Se esas seccións non teñen unha política específica de tratamento de datos, os datos recollidos neses formularios só se han empregar no mesmo momento e elimínanse despois sen armacenalos nin envialos a ningún outro servizo.

Este sitio web rexistra os accesos para analizar patróns de acceso, posibles erros e problemas de rendemento. Os rexistros quedan gardados no servidor durante 14 días e despois bórranse.

Estes rexistros inclúen os seguintes datos:

O servidor web está situado en Dallas, Texas, EEUU.

Para consultas relacionadas co tratamento de datos, escriba a:

Jacobo Tarrío Barreiro
PO Box 43732
Montclair NJ 07043
EEUU

Índice.
Agás que se indique o contrario, esta páxina e o seu contido son Copyright © Jacobo Tarrío Barreiro. Todos os Dereitos Reservados. Información sobre tratamento de datos e condicións de uso.